Axudas á dotación de equipamentos e activos que fomenten a innovación e a competitividade da Industria Cultural e Creativa Galega, ao abeiro do programa Hub da Industria Creativa Galega. Operación financiada pola Unión Europea, a través do FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER), como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19
LA PANIFICADORA ESTUDIOS
DAVID MACHADO DOMÍNGUEZ
ACTUALIZACIÓN E MELLORA DE EQUIPACIÓN PARA NOVOS FORMATOS DE SON INMERSIVO
PROGRAMA OPERATIVO
FEDER GALICIA
2014-2020
Unha maneira de facer Europa
MEMORIA TÉCNICA DO PROXECTO
O mundo da imaxen e o son están a experimentar unha enorme transformación no modo en que os contidos son creados, producidos, distribuidos e consumidos. Xa non só se consume de maneira inmersiva no cine, se non que a través de novas tecnoloxias, estamos a chegar o espectador mediante os novos medios de difusión, plataformas de video por demanda, podcasts ou sistemas VR/AR (Realidade Virtual / Realidade Aumentada).
Todas estes sistemas de difusión utilizan diferentes tecnoloxias de cara o son, dende sistemas multicanle discretos, a sistemas como o Dolby Atmos, formatos binaurales, ambisónicos… Para poder producilos é necesario tanto inovar na forma de captar o son como o modo de traballalo na posprodución. E neste punto é onde fai incapé o proxecto de mellora que plantexamos, o cal nos permitirá poder traballar en futuros proxectos nestes inovadores formatos e nos fará máis competitivos como estudio de son.
Esta mellora se plantexa nos diferentes puntos da produción de son, tanto na captación de son directo como na posprodución.